Minerais estratéxicos
Minerais densos e Ouro
Na nosa empresa ofrecemos unha ampla gama de minerais de alta densidade e baixa granulometría, extraídos e procesados baixo os máis altos estándares de calidade e sostibilidade.

Descripción
Dispomos dunha variedade de minerais de alta densidade e baixa granulometría (tamaño inferior a 600 micras). Algúns deles están considerados estratéxicos para a transición enerxética pola Unión Europea.
OURO
O ouro é un elemento químico de gran valor e versatilidade, coñecido pola súa beleza e propiedades únicas.
A súa principal aplicación é na xoiería, pero tamén ten importantes usos industriais en electrónica, medicina e industria aeroespacial.
MONACITA
A monacita, é un mineral composto principalmente por cerio, lantano, e diferentes elementos de las “tierras raras”, coa fórmula (Ce, La, Nd, …)PO₄.
As súas principais aplicacións inclúen a fabricación de imáns permanentes, compoñentes electrónicos e láseres. Ademais, utilízase na industria automotriz para a fabricación de imáns para vehículos eléctricos e catalizadores, así como na produción de turbinas para xeración eólica.
ILMENITA
A ilmenita é un mineral óxido de ferro e titanio coa fórmula química FeTiO₃.
Este mineral é a principal fonte para a obtención de titanio metálico, usado na creación de aliaxes.
CIRCÓN
O circón é un mineral composto principalmente por silicato de circonio ZrSiO₄.
Este material emprégase nunha ampla gama de aplicacións industriais pelas súa estebilidade a las altas temperaturas, e resistencia á corrosión.
CASITERITA
A casiterita é un mineral de óxido de estaño coa fórmula química SnO₂. É a principal mena de estaño.
A casiterita ten diversas aplicacións en sectores como a produción de aliaxes, a soldadura de compoñentes electrónicos e a fabricación de catalizadores, entre outros.